wesnoth/doc/manual/manual.gl.html
Nils Kneuper 58f4a11dd1 pot-update
regenerated doc files

remove invalid/broken line from utils/pofix.py (it at least leads to
breakage and some more severe fixing is required if this
capitalization is wanted!)
2010-12-03 14:15:07 +00:00

1377 lines
94 KiB
HTML
Raw Blame History

This file contains ambiguous Unicode characters

This file contains Unicode characters that might be confused with other characters. If you think that this is intentional, you can safely ignore this warning. Use the Escape button to reveal them.

<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
<!DOCTYPE html PUBLIC "-//W3C//DTD XHTML 1.0 Transitional//EN" "http://www.w3.org/TR/xhtml1/DTD/xhtml1-transitional.dtd">
<html xmlns="http://www.w3.org/1999/xhtml"><head><meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=UTF-8" /><title></title><link rel="stylesheet" type="text/css" href="./styles/manual.css" /><meta name="generator" content="DocBook XSL Stylesheets V1.76.0" /></head><body><div xml:lang="gl" class="book" lang="gl"><div class="titlepage"><div><div><h1 class="title"><a id="id390299"></a>Manual de usuario do Battle for Wesnoth</h1></div></div><hr /></div><div class="toc"><p></p><dl><dt><span class="preface"><a href="#_preface">Limiar</a></span></dt><dt><span class="chapter"><a href="#_getting_started">1. Os primeiros pasos</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_the_world">1.1. O mundo</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_the_creatures">1.1.1. As criaturas</a></span></dt></dl></dd><dt><span class="section"><a href="#_finding_your_way">1.2. Nada máis comezar</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_game_modes">1.3. Os modos de xogo</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_campaigns">1.3.1. As campañas</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#scenarios">1.3.2. Os escenarios</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#game_screen">1.3.3. A interface</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_recruit_and_recall">1.3.4. Recrutar e reincorporar</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_your_army">1.3.5. O exército</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_life_and_death_experience">1.3.6. A vida, a morte e a experiencia</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_victory_and_defeat">1.3.7. A vitoria e a derrota</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_gold">1.3.8. O ouro</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_save_and_load">1.3.9. Gardado e carga das partidas</a></span></dt></dl></dd></dl></dd><dt><span class="chapter"><a href="#_playing">2. Xogar</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_controls">2.1. Controis</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_gold_2">2.2. O ouro</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_recruiting_and_recalling">2.2.1. Recrutar e reincorporar</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_upkeep">2.2.2. O mantemento</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_income">2.2.3. Os ingresos</a></span></dt></dl></dd><dt><span class="section"><a href="#_units">2.3. As unidades</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_alignment">2.3.1. A aliñación</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#traits">2.3.2. Os trazos</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_unit_specialties">2.3.3. Especialidades das unidades</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_abilities">2.3.4. Habilidades</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_experience">2.3.5. A experiencia</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#unit_recall">2.3.6. Reincorporar unidades</a></span></dt></dl></dd><dt><span class="section"><a href="#_moving">2.4. O movemento</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_zone_of_control">2.4.1. A zona de control</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#orbs">2.4.2. As esferas</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_ellipses_team_colors_and_hero_icons">2.4.3. As elipses, as cores de equipo e mailas iconas de heroe</a></span></dt></dl></dd><dt><span class="section"><a href="#_fighting">2.5. A loita</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_attack_types">2.5.1. Os tipos de ataque</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_resistance">2.5.2. A resistencia</a></span></dt></dl></dd><dt><span class="section"><a href="#_healing">2.6. Sandar</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_regeneration">2.6.1. Rexeneración</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_poison">2.6.2. Veleno</a></span></dt></dl></dd></dl></dd><dt><span class="chapter"><a href="#_strategy_and_tips">3. Algunhas estratexias e consellos</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#basic_strategy">3.1. Estratexias básicas</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_don_8217_t_waste_units">3.1.1. Non malgastes as unidades</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_out_of_the_enemy_8217_s_reach">3.1.2. Mantente fóra do alcance do inimigo</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#zoc">3.1.3. Utiliza a túa zona de control como escudo</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_maintain_a_defensive_line">3.1.4. Mantén unha liña defensiva</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_rotate_your_troops">3.1.5. Rota as túas tropas</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_use_the_terrain">3.1.6. Aproveita as peculiaridades do terreo</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_attacking_and_choosing_your_targets">3.1.7. Escolle ben as túas vítimas e obxectivos</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_time_of_day">3.1.8. O momento do día</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_experience_2">3.1.9. A experiencia</a></span></dt></dl></dd><dt><span class="section"><a href="#_getting_the_most_fun_out_of_the_game">3.2. Divertirse</a></span></dt><dd><dl><dt><span class="section"><a href="#_at_the_start_of_a_scenario">3.2.1. Ao principio do escenario</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_during_the_scenario">3.2.2. Durante o escenario</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_healing_2">3.2.3. Sandar</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_winning_a_scenario">3.2.4. Gañar un escenario</a></span></dt><dt><span class="section"><a href="#_more_general_tips">3.2.5. Máis consellos xerais</a></span></dt></dl></dd></dl></dd></dl></div><div class="list-of-tables"><p></p><dl><dt>2.1. <a href="#id436038">Controis e atallos</a></dt><dt>2.2. <a href="#id436790">Momento do día e dano</a></dt><dt>2.3. <a href="#id437824">Bonificacións de experiencia por matar e combater con inimigos de diferentes
niveis</a></dt><dt>2.4. <a href="#id438094">As esferas</a></dt></dl></div><div class="preface"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title"><a id="_preface"></a></h2></div></div></div><p>O Battle for Wesnoth é un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo
fantástico.</p><p>Xunta un gran exército, adestrando pouco a pouco aos soldados rasos ata que
se convertan en veteranos endurecidos. En partidas posteriores, reincorpora
os teus guerreiros máis fortes e forma unha hoste letal contra a que ninguén
se poida opoñer! Elixe as túas unidades de entre unha ampla variedade de
especialistas, escolle coidadosamente unhas forzas coas fortalezas axeitadas
para loitar ben en diferentes terreos contra calquera que se atreva a
opoñerse a ti.</p><p>Wesnoth ten varias sagas diferentes agardando a que as xogues. Podes loitar
contra orcos, non mortos e bandidos nas fronteiras do reino de Wesnoth;
contra dragóns nos altos picos, contra elfos nas verdes extensións do bosque
de Aethen, contra ananos nas grandes cavidades subterráneas de Knalga, ou
mesmo contra sirénidos na baía das perlas. Podes loitar para recuperar o
trono de Wesnoth, aproveitar o medo que provocan os non mortos para así
dominar as terras dos mortais, ou dirixir a túa gloriosa tribo de orcos á
vitoria contra os humanos que ousaron saquear as túas terras.</p><p>Poderás escoller de entre máis de douscentos tipos distintos de unidades
─infantería, cabalería, arqueiros e magos non son máis que o comezo─ e
combates de todo tipo, dende pequenas emboscadas a enfrontamentos entre
grandes exércitos. Tamén podes retar os teus amigos ─ou descoñecidos─ e
loitar épicas batallas de fantasía entre varios xogadores.</p><p>O Battle for Wesnoth é software libre, e tras el se encontra unha próspera
comunidade de voluntarios que cooperan para mellorar o xogo día a día. Podes
crear as túas propias unidades personalizadas, así coma os teus escenarios,
e mesmo campañas completas. Os contidos mantidos polos usuarios están a
disposición pública nun servidor de engadidos, e os mellores contidos pode
que acaben incluídos nas edicións oficiais do xogo.</p></div><div class="chapter"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title"><a id="_getting_started"></a></h2></div></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_the_world"></a></h2></div></div></div><p>A parte coñecida do gran continente, onde se atopa situado Wesnoth, adoita
dividirse en tres zonas: as terras nórdicas, nas que non existe nin orde nin
lei; o reino de Wesnoth e mailo seu principado ocasional, Elensefar; e os
dominios dos elfos do suroeste no bosque de Aethen e máis ao sur.</p><p>O reino de Wesnoth está no centro deste continente. Limita co gran río polo
norte, cos outeiros de Dulatus polo leste e o sur, co bosque de Aethen polo
suroeste e co océano polo oeste. Elensefar, outrora unha provincia máis de
Wesnoth, limita co gran río polo norte, co reino de Wesnoth polo leste nunha
fronteira pouco clara, coa baía das perlas polo sur e o océano polo oeste.</p><p>As terras nórdicas son un territorio salvaxe ao norte do gran río. Habitan a
rexión diversos grupos de orcos, ananos, bárbaros e elfos. O territorio
nordeste ocúpao o bosque de Lintanir, que alberga os misteriosos segredos do
reino dos elfos do norte.</p><p>Existen diversas vilas esparexidas por todo o continente nas que podes
sandar as túas tropas e recoller os ingresos necesarios para manter o teu
exército. Tamén terás que cruzar ríos, atravesar bosques, montañas e
tundras, e cruzar grandes herbais. En todos sitios existen criaturas que se
adaptaron ás condicións do terreo en que viven, polo que nel se desprazarán
con maior soltura e loitarán mellor.</p><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_the_creatures"></a></h3></div></div></div><p>O mundo de Wesnoth está habitado por humanos, elfos, ananos, orcos,
draconiáns, saurios, sirénidos, nagas e moitas outras especies aínda máis
misteriosas e descoñecidas. Polas terras malditas camiñan non mortos,
pantasmas e espectros, e monstros rondan as súas ruínas e calabozos. Cada
especie se adaptou a un hábitat particular. Os humanos habitan
principalmente os prados mornos. Nos outeiros, montañas e covas baixo a
terra, orcos e ananos séntense coma na casa. Os bosques dotan dunha gran
superioridade aos elfos. E os océanos e ríos domínanos os sirénidos e mailos
nagas.</p><p>De cara ao xogo, as distintas especies agrúpanse en faccións. Por exemplo,
os orcos a miúdo cooperan cos trolles, e os elfos e mailos ananos cos
humanos. Algunhas outras faccións reflicten divisións na sociedade dos
humanos ─leais contra proscritos, por exemplo─. Na meirande parte das
campañas, ti controlas unidades dunha única facción. Pero algunhas veces as
faccións pactan alianzas entre elas, así que pode que te enfrontes a máis
dunha facción nalgún escenario.</p></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_finding_your_way"></a></h2></div></div></div><p>Ao iniciar o Wesnoth aparece un fondo inicial e unha columna con botóns: o
menú principal. Os botóns só se poder accionar co cursor. Para os
impacientes, recoméndase facer o seguinte: premer no botón «Lingua» para
establecer a lingua preferida, despois premer en «Aprendizaxe» para iniciar
a aprendizaxe, e unha vez rematada esta xogar a campaña «Un conto sobre dous
irmáns», premendo no botón «Campaña» do menú principal e escolléndoa na
lista que aparecerá a continuación.</p><p><span class="inlinemediaobject"><img src="images/main-menu-1.5.11.jpg" alt="Menú principal" /></span></p><div class="variablelist"><dl><dt><span class="term">
Aprendizaxe
</span></dt><dd>
A aprendizaxe é unha partida básica pero real que che aprenderá algúns dos
controis básicos necesarios para xogar ao Wesnoth. Gañar ou perder non
resulta importante na aprendizaxe, senón aprender que facer. Preme no botón
«Aprendizaxe» para comezar. Nela xogarás o papel do príncipe Konrad ou da
princesa Li'sar, que aprenderán do vello mago Delfador ─máis che vale
facerlle caso ou te converterá nun sapo─.
</dd><dt><span class="term">
Campaña
</span></dt><dd>
Wesnoth deseñouse dende un principio para xogar campañas. As campañas son
unha serie de escenarios conectados. Preme neste botón para comezar unha
nova campaña. Verás a lista de campañas dispoñibles ─poderás descargar máis
se queres─. Selecciona unha campaña e preme en «Aceptar» para comezar ou en
«Cancelar» para saír da fiestra coa lista de campañas. Cada campaña conta
cunha serie de niveis de dificultade, que xeralmente serán: fácil, normal e
difícil. Recoméndase o nivel normal xa que é esixente, pero ao mesmo tempo
non resulta difícil. Non se pode cambiar o nivel de dificultade dunha
campaña durante o transcurso da mesma. En caso de ter moitos problemas no
nivel fácil, a <a class="link" href="#basic_strategy">guía básica de
estratexia</a> seguramente resulte de utilidade. Unha vez seleccionado o
nivel de dificultade, comezarás co primeiro escenario da campaña.
</dd><dt><span class="term">
Varios xogadores
</span></dt><dd>
Preme neste botón para xogar escenarios contra un ou máis opoñentes. Podes
xogar partidas por Internet ou no teu computador, contra persoas ou contra a
intelixencia artificial. Tras premer o botón aparecerá un diálogo que che
permitirá escoller as condicións do escenario e os bandos. Para máis
información véxase a sección sobre <a class="link" href="#scenarios">escenarios</a>.
</dd><dt><span class="term">
Cargar
</span></dt><dd>
Preme neste botón para cargar unha partida gardada. Amosaráseche un diálogo
coa lista das partidas gardadas. Selecciona unha e preme en «Aceptar» para
cargala e poder continuala, ou en «Cancelar» para volver ao menú
principal. Se escolles unha partida de repetición, poderás marcar o cadro de
«Repetición». A partida reproducirá todos os movementos dende o principio
mentres ti a miras.
</dd><dt><span class="term">
Complementos
</span></dt><dd>
Preme neste botón para acceder ao servidor de contidos, onde atoparás unha
chea de contido creado por usuarios coma ti. Entre os contidos hai varias
campañas, eras para varios xogadores (que definen faccións para partidas
neste modo) e mapas para varios xogadores. Mediante o botón «Borrar
complementos» poderás eliminalos cando non os queiras máis.
</dd><dt><span class="term">
Editor de mapas
</span></dt><dd>
Preme neste botón para iniciar o editor de mapas, no que podes crear mapas
personalizados para partidas de varios xogadores ou para construír a túa
propia campaña.
</dd><dt><span class="term">
Lingua
</span></dt><dd>
Preme neste botón, escolle a lingua que prefiras, e preme en «Aceptar» para
empregala no xogo, ou en «Cancelar» para continuar coa lingua actual. A
primeira vez que Wesnoth se inicie, aparecerá en inglés ou na lingua
establecida no teu sistema se é que o xogo dispón dela, pero unha vez que a
cambies, iniciarase sempre na lingua establecida manualmente.
</dd><dt><span class="term">
Preferencias
</span></dt><dd>
Preme aquí para cambiar a configuración.
</dd><dt><span class="term">
Créditos
</span></dt><dd>
Preme neste botón para ver unha lista dos principais contribuidores do
Wesnoth. Xeralmente poderás contactar con eles en tempo real na canle IRC
«#wesnoth» do servidor FreeNode («irc://irc.freenode.org:6667»).
</dd><dt><span class="term">
Saír
</span></dt><dd>
Preme neste botón para pechar o Wesnoth.
</dd><dt><span class="term">
Axuda
</span></dt><dd>
Preme neste botón para abrir o sistema de axuda integrado do xogo. Este
hache proporcionar información sobre as unidades e todas as demais cousas
relevantes do xogo. A maioría destas cousas menciónanse neste manual.
</dd><dt><span class="term">
Seguinte
</span></dt><dd>
Preme neste botón para ler o seguinte consello do “Tomo de Wesnoth”.
</dd><dt><span class="term">
Anterior
</span></dt><dd>
Preme neste botón para ler o consello anterior do “Tomo de Wesnoth”.
</dd><dt><span class="term">
Sobre
</span></dt><dd>
Preme neste botón (a icona do sobre) para abrir un diálogo no que podes
activar ou desactivar a suba de resumos aos servidores de Wesnoth que axuden
a mellorar o equilibrio das campañas. Todos os datos enviados serán
anónimos.
</dd></dl></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_game_modes"></a></h2></div></div></div><p>Hai dúas formas básicas de xogar ao Battle for Wesnoth:</p><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
Xogar unha secuencia de escenarios conectados, coñecida coma «campaña»,
contra a intelixencia artificial.
</li><li class="listitem">
Xogar nun único escenario contra outros xogadores ou contra a intelixencia
artificial.
</li></ul></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_campaigns"></a></h3></div></div></div><p>As campañas son secuencias de batallas ligadas por unha historia común. As
campañas típicas teñen entre 10 e 20 escenarios. A vantaxe principal das
campañas é que che permiten desenvolver un exército. A medida que completas
os distintos escenarios, as unidades que sobreviven gárdanse para que as
uses no seguinte escenario. Se optas por non usar unha unidade durante un
escenario, consérvase para o seguinte, de xeito que non perdes as unidades
que non usas.</p><p>A campaña é o principal modo de xogo do Wesnoth e aquel para o que se ideou
o xogo orixinalmente. É probablemente o modo máis divertido, e é o que se
lles recomenda aos novos xogadores para que aprendan a xogar.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="scenarios"></a></h3></div></div></div><p>Completar un escenario adoitar levar entre 30 minutos e 2 horas. Esta é a
forma máis rápida de xogar, pero as unidades non se gardarán e non poderás
utilizar as unidades das campañas. Podes xogar escenarios contra a
intelixencia artificial ou contra outros xogadores, xa sexa por Internet ou
no teu propio computador. Aos escenarios accédese a través do botón de
«Varios xogadores» do menú principal.</p><p>As partidas de varios xogadores adoitan xogarse contra outros xogadores a
través da Internet ─tamén poderás xogalas na túa rede local se a tes─. Todas
estas partidas coordínanse a través do servidor do Wesnoth. As partidas de
varios xogadores poden levar entre 1 e 10 horas, dependendo de cantos
xogadores haxa e do tamaño do mapa. O tempo medio está entre 3 e 7 horas. As
partidas poden gardarse e cargarse tantas veces como se queira. Así que é
posible que algunhas partidas duren 1 ou 2 semanas, aínda que o tempo de
xogo sexa só dunhas poucas horas. Non se poden conservar unidades das
partidas de varios xogadores entre escenarios, así que o teu exército só
servirá para o escenario no que o recrutes.</p><p>Cando premas no botón de «Varios xogadores» proporcionaránseche varias
opcións:</p><p><span class="inlinemediaobject"><img src="images/multiplayer-1.5.11.jpg" alt="Diálogo para partidas de varios xogadores" /></span></p><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h4 class="title"><a id="_login"></a></h4></div></div></div><p>Esta será o teu nome de usuario no servidor para xogar con outros
xogadores. Se rexistraches unha conta nos <a class="ulink" href="http://www.wesnoth.org/forum" target="_top">foros de Wesnoth</a>, poderás
utilizar ese nome de usuario e contrasinal para acceder ao servidor
oficial. Sempre que se intente acceder cun nome de usuario que xa exista nos
foros, aparecerá un cadro solicitando o correspondente contrasinal, sen o
cal non se poden empregar nomes de usuario rexistrados.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h4 class="title"><a id="_join_official_server"></a></h4></div></div></div><p>Esta opción conéctate directamente ao servidor oficial. Acabarás na sala de
espera onde poderás crear as túas partidas persoais e onde xa haberá moitas
partidas abertas e pode que haxa algúns xogadores agardando para unirse a
unha nova partida.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h4 class="title"><a id="_connect_to_server"></a></h4></div></div></div><p>Esta opción abre un diálogo que che permite introducir o enderezo do
servidor ao que queiras conectarte. Neste diálogo tamén aparece un botón,
«Ver a lista», que amosa unha lista dos servidores oficiais que se poden
usar se o servidor principal non está dispoñible.</p><p>Hai unha lista completa de servidores oficiais e xestionados por usuarios
<a class="ulink" href="http://wesnoth.org/wiki/MultiplayerServers" target="_top">aquí</a> (en
inglés).</p><p>Tamén podes conectarte ao servidor de calquera outro xogador con esta opción
do menú. Así que se tes un servidor de Wesnoth operativo na rede local,
abonda con que introduzas o enderezo IP e porto (por defecto o 15000) do
computador no que se está executando. Por exemplo, se quixer conectar a un
servidor co IP 192.169.0.10 e no porto predeterminado, habería que escribir
«192.168.0.10:15000» no diálogo.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h4 class="title"><a id="_host_networked_game"></a></h4></div></div></div><p>Para poder comezar unha partida de varios xogadores sen usar un servidor
externo terás que iniciar ti mesmo o servidor, que adoita chamarse
<span class="emphasis"><em>wesnothd</em></span>. Este iníciase automaticamente en segundo
plano ao seleccionar esta entrada do menú. Asemade, deterase en canto todos
os xogadores saian del. Os outros xogadores terán que poder conectarse ao
teu porto 15000 usando o protocolo TCP para xogar contigo no servidor. Se
estás detrás dunha devasa, probablemente terás que configurala para que
permita as conexións entrantes polo porto 15000, e para que dirixa dito
tráfico ao servidor do xogo. Para unirse a partidas aloxadas nun servidor
público ou doutra persoa non fai falla realizar cambios na devasa.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h4 class="title"><a id="_local_game"></a></h4></div></div></div><p>Isto permite crear unha partida que só se executará no teu computador. Podes
xogar unha partida con outras persoas ─todos no mesmo computador─ , que
durará máis ou menos o mesmo que duraría a mesma partida xogada a través da
Internet. Senón, podes xogar simplemente un escenario contra a intelixencia
artificial en vez de contra outros xogadores. Esta última pode ser unha boa
forma de familiarizarse cos distintos mapas que se usan para as partidas
entre varios xogadores antes de enfrontarte a opoñentes reais. Tamén se pode
aproveitar como unha forma sinxela de explorar as capacidades das unidades
das diferentes faccións elixindo con que facción xogar e contra que faccións
enfrontarse. E por suposto, tamén poderás combinar ambas as dúas
posibilidades nunha mesma partida, é dicir, xogar xunta un amigo nunha
partida con bandos da intelixencia artificial.</p></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="game_screen"></a></h3></div></div></div><p><span class="inlinemediaobject"><img src="images/game-screen-1.5.7.jpg" alt="Interface" /></span></p><p>Independentemente de se estás xogando un escenario ou unha campaña, a
disposición básica da interface do xogo será a mesma. A maior parte da
pantalla está ocupada por un mapa que amosa todas as accións que teñen lugar
na partida. Arredor do mapa hai varios elementos que proporcionan
información útil sobre a partida e describiranse con máis detalle a
continuación.</p><p><span class="inlinemediaobject"><img src="images/top_pane-1.5.7.jpg" alt="O panel superior" /></span></p><p>Na parte superior da pantalla, de esquerda a dereita, pódense diferenciar os
seguintes elementos:</p><div class="orderedlist"><ol class="orderedlist" type="1"><li class="listitem">
Botón de «Menú».
</li><li class="listitem">
Botón de «Accións».
</li><li class="listitem">
O contador de roldas (rolda actual/número máximo de roldas).
</li><li class="listitem">
O ouro.
</li><li class="listitem">
As vilas (vilas propias/número total de vilas).
</li><li class="listitem">
O número total de unidades propias.
</li><li class="listitem">
O custo de mantemento.
</li><li class="listitem">
Os ingresos.
</li><li class="listitem">
A hora real ─ou tempo restante nas partidas de varios xogadores con límite
de tempo─.
</li><li class="listitem">
A posición do hexágono actual (coordenada X, coordenada Y).
</li><li class="listitem">
A defensa e movementos da unidade seleccionada no hexágono marcado.
</li><li class="listitem">
O tipo de hexágono actual.
</li></ol></div><p><span class="inlinemediaobject"><img src="images/right_pane-1.5.7.jpg" alt="O panel dereito" /></span></p><p>Á dereita da pantalla, de arriba a abaixo, pódense distinguir os seguintes
elementos:</p><div class="orderedlist"><ol class="orderedlist" type="1"><li class="listitem">
O mapa completo, a escala.
</li><li class="listitem">
Un indicador do momento do día actual.
</li><li class="listitem">
O perfil da última unidade seleccionada.
</li><li class="listitem">
O botón para «Rematar a quenda».
</li></ol></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_recruit_and_recall"></a></h3></div></div></div><p>Ao comezar un escenario ou unha campaña por vez primeira só contarás cunhas
poucas unidades. Unha delas será o teu comandante ─identificado por unha
pequena icona con forma de coroa dourada─. O teu comandante estará situado
normalmente dentro dun castelo, nun hexágono especial chamado «torre». Cando
o teu comandante estea nunha torre ─non só na túa, senón tamén na de
calquera dos castelos inimigos─ e teñas ouro abondo, poderás recrutar
unidades para o teu exército. En escenarios posteriores poderás reincorporar
unidades con experiencia que sobreviviron aos escenarios anteriores. Así
poderás comezar a construír o teu exército para conquistar ao inimigo.</p><p>Probablemente estarás ansioso por recrutar a túa primeira unidade. Preme
<code class="literal">Ctrl+R</code> (ou co botón dereito do rato nun hexágono baleiro
do castelo e escolle «Recrutar») e poderás recrutar unha unidade dunha lista
con todas as unidades dispoñibles para recrutar. Cada unidade recrutada hase
situar nun hexágono baleiro do castelo. Unha vez que o castelo estea cheo,
non poderás recrutar máis unidades ata que saques fóra do castelo algunha
das que hai agora. Os comandantes dos opoñentes están situados de xeito
similar na torre dos seus castelos e comezarán recrutar as súas tropas ─así
que non perdas o tempo mirando para o escenario, que hai unha batalla que
gañar─.</p><p>Ao final de cada escenario no que acades a vitoria, as tropas que queden en
pé no teu bando gárdanse automaticamente. Ao comezo do seguinte escenario
poderás reincorporalas dun xeito semellante ao de recrutar. As tropas
reincorporadas teñen a miúdo máis experiencia que as recrutadas e
normalmente son unha escolla mellor.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_your_army"></a></h3></div></div></div><p>Todos os tipos de partida usan os mesmos soldados, chamados unidades. Cada
unidade identifícase pola especie, o nivel, e a clase. Cada unidade ten
fortalezas e debilidades, baseadas na súa resistencia, o terreo no que está,
e o seu nivel. Os detalles completos pódense atopar na axuda do xogo.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_life_and_death_experience"></a></h3></div></div></div><p>A medida que as tropas obteñan experiencia na batalla aprenderán máis
habilidades e volveranse máis fortes. Tamén poden morrer na batalla, así que
necesitarás recrutar e reincorporar máis cando isto ocorra. Pero escolle con
cabeza, porque cada unidade ten fortalezas, pero tamén debilidades que un
opoñente intelixente non tardará en aproveitar.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_victory_and_defeat"></a></h3></div></div></div><p>Presta atención á fiestra dos obxectivos ao comezo de cada
escenario. Normalmente conseguirás a vitoria matando a todos os líderes
inimigos, e só perderás se matan ao teu líder. Pero os escenarios poden ter
outros obxectivos para a vitoria: levar ao teu líder a un punto designado,
rescatar a alguén, resolver un problema, resistir un asedio ata que pase un
certo número de roldas, etc.</p><p>Ao gañar un escenario, o mapa tinguirase de gris e o botón de «Rematar a
quenda» cambiarase polo de «Rematar o escenario». Entón poderás facer cousas
coma cambiar as opcións de gardado ou ─se estás nunha partida entre varios
xogadores─ conversar con outros xogadores antes de premer nese botón para
avanzar.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_gold"></a></h3></div></div></div><p>O teu exército non loita por amor á arte. Recrutar unidades e mantelas custa
cartos. Comezas cada escenario con cartos acumulados de escenarios
anteriores ─aínda que cada escenario se asegura de que polo menos teñas unha
cantidade de ouro mínima para comezar se non acumulaches ouro abondo de
escenarios anteriores─ e podes obter máis cumprindo os obxectivos do
escenario no menor tempo posible e, durante un escenario, controlando as
vilas. Cada vila que controles proporcionarache uns ingresos de dúas pezas
de ouro por rolda. Ao comezar un escenario por vez primeira, adoita ser
aconsellable conseguir o control de tantas vilas como sexa posible para
asegurarse uns ingresos suficientes para a guerra. Podes ver o teu ouro
actual e os ingresos na parte superior da interface ─tal e como se describe
na <a class="link" href="#game_screen">sección sobre a mesma</a>.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_save_and_load"></a></h3></div></div></div><p>Ao principio de cada escenario adoita gardarse o estado da partida. En caso
de derrota, poderás cargala e intentalo de novo. Unha vez acades a vitoria,
preguntaráseche de novo se queres gardar o seguinte escenario e xogalo. Se
tes que deixar de xogar durante o transcurso dun escenario, podes gardar a
túa quenda e volvela cargar máis tarde. E lembra que un bo xogador do Battle
for Wesnoth non precisa gardar durante o transcurso dun escenario. Aínda
así, a maioría dos principiantes tenden a facelo con bastante frecuencia.</p></div></div></div><div class="chapter"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title"><a id="_playing"></a></h2></div></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_controls"></a></h2></div></div></div><p>Estas son as teclas de control predeterminadas. Podes personalizalas a
través do menú «Preferencias».</p><div class="table"><a id="id436038"></a><p class="title"></p><div class="table-contents"><table summary="Controis e atallos" cellpadding="4px" style="border-collapse: collapse;border-top: 3px solid #527bbd; border-bottom: 3px solid #527bbd; "><colgroup><col align="left" /><col align="left" /></colgroup><tbody><tr><td style="" align="left">
F1
</td><td style="" align="left">
Axuda do Battle for Wesnoth.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Frechas
</td><td style="" align="left">
Desprazarse polo mapa.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Botón esquerdo do rato
</td><td style="" align="left">
Seleccionar unha unidade, mover a unidade seleccionada.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Botón dereito do rato
</td><td style="" align="left">
Menú contextual, cancelar a acción.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Botón central do rato
</td><td style="" align="left">
Centrar na posición do cursor.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Escape
</td><td style="" align="left">
Saír da partida, saír do menú, cancelar a mensaxe.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+R
</td><td style="" align="left">
Recrutar unha unidade.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+Alt+R
</td><td style="" align="left">
Volver recrutar o mesmo tipo de unidade que a última vez.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Alt+R
</td><td style="" align="left">
Reincorporar unha unidade.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
U
</td><td style="" align="left">
Desfacer o último movemento ─só se poden desfacer os movementos
“deterministas”─.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
R
</td><td style="" align="left">
Repetir o movemento.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
M
</td><td style="" align="left">
Enviar unha mensaxe a outro xogador (só entre varios xogadores).
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+M
</td><td style="" align="left">
Enviar unha mensaxe aos teus aliados (só entre varios xogadores).
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Alt+M
</td><td style="" align="left">
Enviar unha mensaxe a todos os xogadores (só entre varios xogadores).
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Alt+C
</td><td style="" align="left">
Ver o rexistro das conversas.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
N
</td><td style="" align="left">
Percorrer de forma cíclica as unidades ás que lles quedan movementos.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Maiús+N
</td><td style="" align="left">
Percorrer de forma cíclica e en orde inversa as unidades ás que lles quedan
movementos.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Barra espazadora
</td><td style="" align="left">
Rematar a quenda da unidade e pasar á seguinte unidade á que lle queden
movementos.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Maiús+Barra espazadora
</td><td style="" align="left">
Facer que a unidade seleccionada manteña a súa posición (remata o seu
movemento).
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+Barra espazadora
</td><td style="" align="left">
Rematar a quenda.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+V
</td><td style="" align="left">
Amosar os movementos do inimigo (a onde se pode mover o inimigo na súa
seguinte quenda).
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+B
</td><td style="" align="left">
Amosar os movementos potenciais do inimigo ─se as túas unidades non
estivesen no mapa─.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+J
</td><td style="" align="left">
Amosar os obxectivos do escenario.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+F
</td><td style="" align="left">
Intercambiar entre o modo a pantalla completa e o modo nunha fiestra.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+A
</td><td style="" align="left">
Activar ou desactivar o modo de xogo acelerado.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+G
</td><td style="" align="left">
Amosar ou non os límites dos hexágonos.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+C
</td><td style="" align="left">
Borrar as etiquetas do mapa.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+S
</td><td style="" align="left">
Gardar a partida.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+O
</td><td style="" align="left">
Cargar unha partida.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+P
</td><td style="" align="left">
Ir ao menú «Preferencias».
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+Q
</td><td style="" align="left">
Saír da partida.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
/
</td><td style="" align="left">
Buscar (unha etiqueta ou o nome dunha unidade).
</td></tr><tr><td style="" align="left">
T
</td><td style="" align="left">
Continuar o movemento interrompido da unidade.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
+
</td><td style="" align="left">
Achegar.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
-
</td><td style="" align="left">
Afastar.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
0
</td><td style="" align="left">
Restablecer a distancia á que se ve o mapa.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+N
</td><td style="" align="left">
Renomear a unidade seleccionada.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
1-7
</td><td style="" align="left">
Amosar a que distancia se pode mover a unidade seleccionada no número de
quendas indicado.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
L
</td><td style="" align="left">
Moverse canda o líder.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
D
</td><td style="" align="left">
Descrición da unidade actual.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+G
</td><td style="" align="left">
Amosar ou non os límites dos hexágonos.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Maiús+S
</td><td style="" align="left">
Actualizar o manto do descoñecido.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Maiús+D
</td><td style="" align="left">
Retardar as actualizacións do manto do descoñecido.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Alt+L
</td><td style="" align="left">
Poñerlle unha etiqueta a un hexágono do mapa.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+L
</td><td style="" align="left">
Definir unha etiqueta do equipo.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Alt+S
</td><td style="" align="left">
Amosar o «Cadro da situación».
</td></tr><tr><td style="" align="left">
S
</td><td style="" align="left">
Amosar as estatísticas.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Alt+U
</td><td style="" align="left">
Amosar a lista das unidades.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Ctrl+Alt+M
</td><td style="" align="left">
Activar ou desactivar os sons do xogo.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
:
</td><td style="" align="left">
<a class="ulink" href="http://wiki.wesnoth.org/CommandMode" target="_top">A liña de ordes</a> (en
inglés)
</td></tr></tbody></table></div></div><br class="table-break" /></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_gold_2"></a></h2></div></div></div><p>Cada bando dótase dunha certa cantidade de ouro coa que comezar, e recibe
dúas pezas de ouro por rolda, máis unha adicional por cada vila baixo o seu
control. Nunha campaña, o ouro inicial será como moito o 80% do ouro co que
se rematou o escenario anterior, e como mínimo a cantidade mínima definida
para o escenario, que adoita diminuír a medida que se aumenta o nivel de
dificultade.</p><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_recruiting_and_recalling"></a></h3></div></div></div><p><span class="inlinemediaobject"><img src="images/recruit-1.5.7.jpg" alt="O diálogo de recrutamento" /></span></p><p>O principal uso que se lle dá ao ouro é o de reunir un exército recrutando
novas unidades ou reincorporando unidades de escenarios anteriores dunha
campaña. As unidades pódense recrutar ou reincorporar cando o líder está na
torre dun castelo que teña polo menos un hexágono baleiro ─que é onde
aparecerá a unidade recrutada ou reincorporada─.</p><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
Preme co botón dereito do rato nun hexágono baleiro do castelo e selecciona
«Recrutar» para recrutar novas unidades, a escoller da lista que aparecerá a
continuación. O custo do recrutamento depende da unidade, pero normalmente
estará entre as 10 e as 20 pezas de ouro.
</li><li class="listitem">
Preme co botón dereito do rato nun hexágono baleiro do castelo e selecciona
«Reincorporar» para reincorporar unidades de escenarios
anteriores. Reincorporar unidades custa 20 pezas de ouro por unidade. Tes
máis información ao respecto <a class="link" href="#unit_recall">aquí</a>.
</li></ul></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_upkeep"></a></h3></div></div></div><p>Cada unidade ten ademais un custo de mantemento. O custo de mantemento
adoita ser igual ao nivel da unidade, a non ser que a unidade sexa «leal»
(trátase <a class="link" href="#traits">máis adiante</a>). As unidades que non se
recrutaron ─coma o líder ou aqueles que se lle unen por propia vontade─
adoitan ser «leais». Un bando só ten que pagar os custos do mantemento das
unidades se este é, en total, superior ao número de vilas baixo o seu
control. É dicir, págase por mantemento a diferencia entre o número de vilas
e o custo de mantemento total das unidades.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_income"></a></h3></div></div></div><p>A fórmula para determinar os ingresos por rolda é a seguinte:</p><pre class="literallayout">2 + vilas - máx(0, mantemento - vilas)</pre><p>Onde o mantemento é igual á suma de todos os niveis de todas as unidades do
bando que non sexan «leais».</p><p>Se o custo de mantemento é superior ao número de vilas + 2, entón o bando
comeza a perder ouro. Se é igual, nin se gañan nin se perden ingresos.</p></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_units"></a></h2></div></div></div><p>O Battle for Wesnoth conta con centos de tipos de unidades que se
caracterizan por un rico conxunto de estatísticas. As unidades individuais
poden ter tamén <a class="link" href="#traits">trazos</a> específicos que as
distinguen sutilmente do resto das unidades do mesmo tipo. Ademais, os
deseñadores das campañas poden engadir unidades únicas ás súas campañas para
ampliar aínda máis as opcións dispoñibles para os xogadores.</p><p>As estatísticas básicas dunha unidade inclúen os seus puntos de vida, o
número de puntos de movemento que ten, as armas que pode usar e o dano que
estas inflixen. Ademais, as unidades teñen outras características, coma a
aliñación e habilidades especiais, que se describen con máis detalle máis
adiante.</p><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_alignment"></a></h3></div></div></div><p>Cada unidade ten unha aliñación: legal, neutral ou caótica. A aliñación
afecta ao rendemento das unidades nos diferentes momentos do día. Ás
unidades neutrais lles resulta indiferente o momento do día. Porén, as
unidades legais inflixen máis dano durante o día e menos pola noite, e as
unidades caóticas inflixen máis dano pola noite e menos durante o día.</p><p>Contémplanse no xogo seis momentos do día: o amencer, a mañá, a tarde, o
anoitecer, a noitiña e a noite pecha. A cada un destes momentos do día
corresponderá unha imaxe na que sol e lúa estarán nunha posición distinta.</p><p>A seguinte táboa amosa os efectos dos distintos momentos do día no dano
inflixido por unidades legais e caóticas:</p><div class="table"><a id="id436790"></a><p class="title"></p><div class="table-contents"><table summary="Momento do día e dano" cellpadding="4px" style="border-collapse: collapse;border-top: 3px solid #527bbd; border-bottom: 3px solid #527bbd; "><colgroup><col align="left" /><col align="left" /><col align="left" /><col align="left" /><col align="left" /></colgroup><thead><tr><th style="" align="left">
Rolda
</th><th style="" align="left">
Imaxe
</th><th style="" align="left">
Momento do día
</th><th style="" align="left">
Legais
</th><th style="" align="left">
Caóticas
</th></tr></thead><tbody><tr><td style="" align="left">
1
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/schedule-dawn.png" alt="images/schedule-dawn.png" /></span>
</td><td style="" align="left">
Amencer
</td><td style="" align="left">
</td><td style="" align="left">
</td></tr><tr><td style="" align="left">
2
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/schedule-morning.png" alt="images/schedule-morning.png" /></span>
</td><td style="" align="left">
Mañá (de día)
</td><td style="" align="left">
+25%
</td><td style="" align="left">
25%
</td></tr><tr><td style="" align="left">
3
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/schedule-afternoon.png" alt="images/schedule-afternoon.png" /></span>
</td><td style="" align="left">
Tarde (de día)
</td><td style="" align="left">
+25%
</td><td style="" align="left">
25%
</td></tr><tr><td style="" align="left">
4
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/schedule-dusk.png" alt="images/schedule-dusk.png" /></span>
</td><td style="" align="left">
Anoitecer
</td><td style="" align="left">
</td><td style="" align="left">
</td></tr><tr><td style="" align="left">
5
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/schedule-firstwatch.png" alt="images/schedule-firstwatch.png" /></span>
</td><td style="" align="left">
Noitiña (de noite)
</td><td style="" align="left">
25%
</td><td style="" align="left">
+25%
</td></tr><tr><td style="" align="left">
6
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/schedule-secondwatch.png" alt="images/schedule-secondwatch.png" /></span>
</td><td style="" align="left">
Noite pecha (de noite)
</td><td style="" align="left">
25%
</td><td style="" align="left">
+25%
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Especial
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/schedule-underground.png" alt="images/schedule-underground.png" /></span>
</td><td style="" align="left">
Baixo a terra
</td><td style="" align="left">
25%
</td><td style="" align="left">
+25%
</td></tr></tbody></table></div></div><br class="table-break" /><p>Ten en conta que algúns escenarios teñen lugar baixo terra, onde sempre é de
noite!</p><p>Considérese, por exemplo, unha loita entre unha unidade legal e unha
caótica, tendo as dúas unidades un dano base de 12 puntos. Ao amencer e ao
anoitecer, ambas as dúas unidades inflixirán 12 puntos de dano cando lle
atinen ao inimigo. Durante a mañá e maila tarde, a unidade legal inflixirá
(<code class="literal">12 × 1.25 =</code>) 15 puntos, mentres que a unidade caótica
inflixirá (<code class="literal">12 × 0.75 =</code>) 9 puntos. Durante a noitiña e
maila noite pecha será ao revés, a unidade legal inflixirá 9 puntos mentres
que a unidade caótica inflixirá 15.</p><p>Se unha unidade neutral equivalente estivese loitando, sempre inflixiría 12
puntos de dano, independentemente do momento do día.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="traits"></a></h3></div></div></div><p>As unidades teñen trazos que reflicten aspectos do seu carácter. Os trazos
asígnanselle aleatoriamente ás unidades ao crealas. A maioría das unidades
recibe dous trazos.</p><p>Os posibles trazos para a maioría das unidades son os seguintes:</p><div class="variablelist"><dl><dt><span class="term">
Intelixencia
</span></dt><dd>
As unidades intelixentes requiren un 20% menos de experiencia da normal para
avanzar ─os trolles non poden ter este trazo─. As unidades intelixentes son
moi útiles ao comezo das campañas, xa que poden avanzar de nivel máis
rápido. A medida que avanza a campaña a intelixencia perde utilidade porque
os avances adicionais non supoñen un cambio tan significativo coma avanzar
un nivel. Se tes moitas unidades ao <span class="emphasis"><em>último nivel</em></span> pode
que prefiras reincorporar unidades con trazos máis útiles.
</dd><dt><span class="term">
Rapidez
</span></dt><dd>
As unidades rápidas teñen 1 punto de movemento adicional, pero tamén un 5%
menos de vida do normal. A rapidez é o trazo máis salientable, sobre todo
para as unidades de movemento lento coma os trolles ou a infantería
pesada. As unidades rápidas a miúdo incrementan en boa medida a súa
mobilidade en terreos accidentados, algo que deberías ter en conta á hora de
despregar as túas forzas. Tamén cómpre ter en conta que as unidades rápidas
non son tan resistentes coma o resto das unidades, e polo tanto son peores
para manter posicións en disputa.
</dd><dt><span class="term">
Resistencia
</span></dt><dd>
As unidades resistentes teñen 4 puntos de vida máis 1 por nivel a maiores da
vida normal. As unidades resistentes poden ser útiles en todas as etapas
dunha campaña, e este é un trazo útil para todas as unidades. Xeralmente
será máis útil en unidades que combinen poucos puntos de vida, boa
capacidade defensiva, ou grandes resistencias. As unidades resistentes son
especialmente útiles para defender posicións estratéxicas contra os
inimigos.
</dd><dt><span class="term">
Forza
</span></dt><dd>
As unidades fortes inflixen un punto máis de dano en cada golpe atinado no
combate corpo a corpo, e teñen un punto de vida adicional. Se ben é útil
para calquera unidade que combata corpo a corpo, a forza resulta máis
efectiva nas unidades cun gran número de ataques, coma os elfo
loitadores. As unidades fortes poden resultar de moita utilidade cando só se
precisa un pouco máis de dano para que un ataque normal se converta nun
golpe mortal.
</dd></dl></div><p>Tamén hai algúns trazos que só se asignan a certas unidades ou só a unidades
dunha certa especie. Son os seguintes:</p><div class="variablelist"><dl><dt><span class="term">
Destreza
</span></dt><dd>
As unidades destras inflixen un punto máis de dano por cada golpe a
distancia atinado no combate. A destreza é un trazo propio dos elfos. Os
elfos son famosos pola súa graza sobrenatural e o seu dominio do arco. Aínda
así, algúns son bendicidos cun talento natural que supera ao dos seus
irmáns. Estes elfos inflixen un punto adicional de dano con cada frecha.
</dd><dt><span class="term">
Vitalidade
</span></dt><dd>
Famosos pola súa vitalidade, algúns ananos son máis rexos ca outros e poden
descansar incluso durante as viaxes. As unidades saudables teñen un punto de
vida máis do normal e un punto de vida adicional por cada nivel, e sandan os
dous puntos de vida por descansar sempre que non loitan nunha rolda
─independentemente de se se desprazaron ou non─. Asemade, o veleno failles
só un cuarto do dano habitual.
</dd><dt><span class="term">
Valentía
</span></dt><dd>
As unidades afoutas non sofren penalización ningunha ao atacar durante o
momento do día que lle resulta desfavorable. O trazo poden telo a infantería
pesada, os necrófagos, os trolles ou os cadáveres andantes.
</dd></dl></div><p>Tamén hai algúns trazos que non se asignan aleatoriamente. Estes trazos
poden incluso ser asignados polo deseñador do escenario ou ser sempre
asignados en base ao tipo de unidade:</p><div class="variablelist"><dl><dt><span class="term">
Lealdade
</span></dt><dd>
As unidades leais non precisan mantemento. A maioría das unidades teñen un
custo de mantemento ao final de cada quenda, que é igual ao seu nivel. As
unidades leais non. Durante as campañas, certas unidades poden optar por
unirse ao exército do xogador pola súa propia vontade. Estas unidades son
leais. Aínda que hai que pagar para reincorporalas, non precisan
mantemento. Isto pode convertelas en unidades moi valiosas durante unha
campaña longa, cando o ouro escasea. Este trazo nunca se lle aplicará ás
unidades recrutadas, así que non resultaría moi intelixente despedir a estas
unidades ou envialas a unha morte segura.
</dd><dt><span class="term">
Non morte
</span></dt><dd>
As unidades non mortas son inmunes ao veleno, e tampouco lles afectan a
absorción nin a peste. Xeralmente as unidades non mortas só teñen este
trazo. Dado que as unidades non mortas son os corpos sen vida erguidos para
loitar de novo, o veleno non ten efecto nelas. Isto pode facelas moi
valiosas nos enfrontamentos con inimigos que empregan veleno nos seus
ataques.
</dd><dt><span class="term">
Mecánica
</span></dt><dd>
As unidades mecánicas son inmunes ao veleno, e tampouco lles afectan a
absorción nin a peste. Xeralmente as unidades mecánicas só teñen este trazo.
</dd></dl></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_unit_specialties"></a></h3></div></div></div><p>Certas unidades teñen ataques especiais. Son os seguintes:</p><div class="variablelist"><dl><dt><span class="term">
Puñalada polas costas
</span></dt><dd>
Usado na ofensiva, este ataque inflixe o dobre de dano se hai un inimigo do
obxectivo no seu lado oposto, e esa unidade non está incapacitada
(petrificada ou paralizada dalgunha maneira).
</dd><dt><span class="term">
Furia
</span></dt><dd>
Usado de forma ofensiva ou defensiva, este ataque prolonga o combate ata que
morre un dos combatentes, ou ata que se realicen 30 rondas de ataques.
</dd><dt><span class="term">
Carga
</span></dt><dd>
Cando se usa de forma ofensiva, este ataque inflixe o dobre de dano no
obxectivo. Isto tamén fai que a unidade reciba o dobre de dano no
contraataque do obxectivo.
</dd><dt><span class="term">
Absorción
</span></dt><dd>
Esta unidade absorbe a vida das unidades vivas, sandándose a ela mesma coa
metade do dano inflixido (redondeado cara abaixo).
</dd><dt><span class="term">
Primeiro golpe
</span></dt><dd>
Esta unidade sempre golpea primeiro con este ataque, incluso cando está a
ser atacada.
</dd><dt><span class="term">
Maxia
</span></dt><dd>
Este ataque sempre ten un 70% de probabilidade de atinar, alén das
capacidades defensivas da unidade atacada.
</dd><dt><span class="term">
Puntería
</span></dt><dd>
Cando se usa de forma ofensiva, este ataque sempre ten como mínimo un 60% de
probabilidades de atinar.
</dd><dt><span class="term">
Peste
</span></dt><dd>
Cando unha unidade morre polo ataque da peste, a unidade substitúese por
outra idéntica do bando da unidade que a atacou coa peste. Non funciona
cotra os non mortos ou as unidades en vilas.
</dd><dt><span class="term">
Veleno
</span></dt><dd>
Este ataque envelena os obxectivos vivos. As unidades envelenadas perden
oito puntos de vida por rolda ata que curan ou chegan a ter só un punto de
vida. O veleno de por si só non pode matar unha unidade.
</dd><dt><span class="term">
Retardar
</span></dt><dd>
Este ataque retarda o obxectivo durante unha rolda. Retardar reduce á metade
o dano causado polos ataques e o custo de movemento da unidade retardada
duplícase. Unha unidade retardada terá unha icona de caracol na súa barra de
información lateral cando se seleccione.
</dd><dt><span class="term">
Petrificación
</span></dt><dd>
Este ataque converte o obxectivo en pedra. As unidades convertidas en pedra
non poden moverse nin atacar.
</dd><dt><span class="term">
Enxame
</span></dt><dd>
O número de golpes deste ataque diminúe cando a unidade está ferida. O
número de golpes é proporcional á vida que lle queda entre a total da
unidade. Por exemplo, se unha unidade ten tres cuartos de vida, terá tres
cuartos do número de golpes.
</dd></dl></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_abilities"></a></h3></div></div></div><p>Algunhas unidades teñen habilidades que ou afectan directamente a outras
unidades, ou teñen un efecto en como a unidade actúa con outras
unidades. Estas habilidades son as seguintes:</p><div class="variablelist"><dl><dt><span class="term">
Emboscada
</span></dt><dd>
Esta unidade pode ocultarse no bosque, e evitar que os seus inimigos a
detecten. As unidades inimigas non poderán vela mentres estea no bosque,
agás se teñen unidades adxacentes. A primeira unidade inimiga que descubra a
esta non poderá moverse máis nesa quenda.
</dd><dt><span class="term">
Ocultación
</span></dt><dd>
Esta unidade pode agocharse nas vilas (a excepción das vilas somerxidas), e
evitar os seus inimigos, salvo os dos hexágonos adxacentes. As unidades
inimigas non poden ver a esta unidade mentres estea nunha vila, agás se hai
unidades xunta ela. A primeira unidade inimiga que descubra a esta non
poderá moverse máis nesa quenda.
</dd><dt><span class="term">
Curación
</span></dt><dd>
Os menciñeiros poden extraerlle o veleno ás unidades, aínda que esas
unidades non sandarán vida algunha durante a rolda en que as curan.
</dd><dt><span class="term">
Sandar +4
</span></dt><dd>
Permite ás unidades sandar as unidades amigas adxacentes ao comezo da súa
quenda. Unha unidade coidada por esta pode sandar ata catro puntos de vida
por rolda, ou evitar que o veleno lle afecte durante esa rolda. Un
curandeiro non pode extraerlle o veleno a unha unidade, e esta debe buscar
os coidados necesarios nunha vila, ou por parte dunha unidade que poida
curar ─un menciñeiro─.
</dd><dt><span class="term">
Sandar +8
</span></dt><dd>
Esta unidade combina remedios de herbas con maxia para sandar as unidades
máis rápido do normal no campo de batalla. Unha unidade coidada por esta
pode sandar ata oito puntos de vida por rolda, ou evitar que o veleno lle
afecte durante esa rolda. Un meigo non pode extraerlle o veleno a unha
unidade, e esta debe buscar os coidados necesarios nunha vila, ou por parte
dunha unidade que poida curar ─un menciñeiro─.
</dd><dt><span class="term">
Iluminación
</span></dt><dd>
Esta unidade ilumina os arredores facendo que as unidades legais loiten
mellor e as unidades caóticas peor. Calquera unidade adxacente a esta
loitará coma se en vez de noite aínda estivese anoitecendo, e coma se fose
de día cando estea anoitecendo de verdade.
</dd><dt><span class="term">
Liderado
</span></dt><dd>
Esta unidade pode liderar as unidades adxacentes do seu bando facendo que
loiten mellor. As unidades adxacentes do seu bando de menor nivel inflixirán
máis dano no combate. Cando unha unidade adxacente de menor nivel estea no
mesmo bando que o líder que a manda ao combate, os seus ataques inflixirán
un 25% máis de dano por cada nivel máis que teña o líder.
</dd><dt><span class="term">
Asexo nocturno
</span></dt><dd>
A unidade vólvese invisible pola noite. As unidades inimigas non poden ver a
esta unidade pola noite, agás se teñen unidades adxacentes. A primeira
unidade inimiga que descubra a esta non poderá moverse máis nesa quenda.
</dd><dt><span class="term">
Rexeneración
</span></dt><dd>
A unidade sanda oito puntos de vida por rolda. Se está envelenada, eliminará
o veleno en vez de sandar.
</dd><dt><span class="term">
Guerrilla
</span></dt><dd>
Esta unidade ten a habilidade de moverse rápido entre os inimigos, e pode
ignorar todas as zonas de control inimigas.
</dd><dt><span class="term">
Firmeza
</span></dt><dd>
Cando se defende, as resistencias desta unidade duplícanse, ata un máximo do
50%. Isto non afecta ás súas vulnerabilidades.
</dd><dt><span class="term">
Mergullo
</span></dt><dd>
Esta unidade pode mergullarse nas augas profundas, e evitar ser detectada
polos inimigos. As unidades inimigas non poden ver a esta unidade cando
estea en augas profundas, agás se teñen unidades preto dela. A primeira
unidade inimiga que a descubra non poderá moverse máis nesa quenda.
</dd><dt><span class="term">
Teleportación
</span></dt><dd>
Esta unidade pode teleportarse entre dúas vilas baleiras calquera do seu
bando usando un dos seus movementos.
</dd></dl></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_experience"></a></h3></div></div></div><p>As unidades conseguen experiencia ao loitar. Cando conseguen experiencia
abondo avanzan de nivel, fortalecéndose. A cantidade de experiencia obtida
depende do nivel da unidade inimiga e do resultado da batalla: se unha
unidade mata ao seu opoñente, recibe 8 puntos de experiencia por nivel do
inimigo ─4 se o inimigo é de nivel 0─, mentres que as unidades que
sobreviven á batalla sen matar os seus opoñentes reciben 1 punto de
experiencia por nivel do inimigo. Noutras palabras:</p><div class="table"><a id="id437824"></a><p class="title"></p><div class="table-contents"><table summary="Bonificacións de experiencia por matar e combater con inimigos de diferentes&#10;niveis" cellpadding="4px" style="border-collapse: collapse;border-top: 3px solid #527bbd; border-bottom: 3px solid #527bbd; "><colgroup><col align="left" /><col align="left" /><col align="left" /></colgroup><thead><tr><th style="" align="left">
Nivel do inimigo
</th><th style="" align="left">
Bonificación por matalo
</th><th style="" align="left">
Bonificación por sobrevivir
</th></tr></thead><tbody><tr><td style="" align="left">
0
</td><td style="" align="left">
4
</td><td style="" align="left">
0
</td></tr><tr><td style="" align="left">
1
</td><td style="" align="left">
8
</td><td style="" align="left">
1
</td></tr><tr><td style="" align="left">
2
</td><td style="" align="left">
16
</td><td style="" align="left">
2
</td></tr><tr><td style="" align="left">
3
</td><td style="" align="left">
24
</td><td style="" align="left">
3
</td></tr><tr><td style="" align="left">
4
</td><td style="" align="left">
32
</td><td style="" align="left">
4
</td></tr><tr><td style="" align="left">
5
</td><td style="" align="left">
40
</td><td style="" align="left">
5
</td></tr><tr><td style="" align="left">
6
</td><td style="" align="left">
48
</td><td style="" align="left">
6
</td></tr></tbody></table></div></div><br class="table-break" /></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="unit_recall"></a></h3></div></div></div><p>Despois de completar un escenario, todas as unidades que sobreviviron
estarán dispoñibles para reincorporalas no seguinte escenario. Non podes
mover ou atacar cunha unidade na quenda na que se recrutou ou
reincorporou. Unha unidade reincorporada conserva o seu nivel anterior, a
súa experiencia, calquera elemento máxico que conseguise ─ás veces─ e
ademais aparecerá no novo escenario con toda a vida.</p></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_moving"></a></h2></div></div></div><p>Ao premer nunha unidade propia, veranse os hexágonos aos que pode moverse
porque se escurecerán aqueles aos que non. Se ademais se preme un número
entre o 2 e o 7 amosaranse de igual modo os hexágonos aos que se podería
chegar nese número de roldas. Mentres se estea neste modo, ao mover o cursor
sobre un hexágono hase identificar o camiño que a unidade tomaría cara ese
hexágono, ademais de información adicional sobre a bonificación defensiva da
unidade nese hexágono e o número de roldas necesarias para chegar ─en caso
de que necesite máis dunha─. Se non se quere mover a unidade, pode
cancelarse este modo seleccionando unha unidade diferente (premendo na nova
unidade ou mediante a tecla «N») ou premendo co botón dereito do rato
(mentres se mantén premida a tecla «cmd» no caso de Mac) en calquera parte
do mapa. As <a class="link" href="#orbs">esferas</a> da parte superior da barra
de enerxía das unidades proporcionan unha forma rápida de saber cales das
unidades xa se moveron e cales poden moverse máis aínda na quenda actual.</p><p>Para mover a unidade seleccionada, preme no hexágono ao que queiras movela e
a unidade irá alí. Se se escolle un destino ao que a unidade non pode chegar
na quenda actual, esta moverase ata onde poida e entrará no <span class="emphasis"><em>modo
de viaxe</em></span>. Neste modo a unidade continuará movéndose cara o seu
destino nas seguintes roldas. Poderás desfacer facilmente os seus movementos
de <span class="emphasis"><em>viaxe</em></span> na túa seguinte quenda. Tamén podes cambiar o
destino dunha unidade seleccionándoa e elixindo un novo destino ou premendo
na unidade outra vez para cancelar a <span class="emphasis"><em>viaxe</em></span>.</p><p>Ao entrar unha unidade propia nunha vila neutral ou dun inimigo, a vila
pasará a mans do usuario, e a unidade esgotará todos os seus movementos ata
a seguinte rolda.</p><p>A maioría das unidades exercen unha “zona de control”, o que limita os
hexágonos aos que poden acceder e polos que poden pasar os
adversarios. Estas restricións impostas polas unidades inimigas reflíctense
automaticamente tanto no camiño que poden percorrer coma nos hexágonos aos
que poden chegar as túas unidades.</p><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_zone_of_control"></a></h3></div></div></div><p>A zona de control dunha unidade esténdese aos seis hexágonos inmediatamente
adxacentes a ela, e as unidades que entran na zona de control dun inimigo
vense obrigadas a deter os seus movementos. As unidades guerrilleiras
ignoran as zonas de control do inimigo e son capaces de moverse por elas
libremente sen deterse. As unidades de nivel 0 considéranse demasiado febles
para xerar unha zona de control e todas as unidades poden moverse libremente
polos hexágonos que as rodean.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="orbs"></a></h3></div></div></div><p>Na parte superior da barra de enerxía que se amosa á beira de cada unidade
propia hai unha esfera. Esta esfera será:</p><div class="table"><a id="id438094"></a><p class="title"></p><div class="table-contents"><table summary="As esferas" cellpadding="4px" style="border-collapse: collapse;border-top: 3px solid #527bbd; border-bottom: 3px solid #527bbd; "><colgroup><col align="left" /><col align="left" /><col align="left" /></colgroup><thead><tr><th style="" align="left">
Esfera
</th><th style="" align="left">
Imaxe
</th><th style="" align="left">
Descrición
</th></tr></thead><tbody><tr><td style="" align="left">
Verde
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/orb-green.jpg" alt="Esfera verde" /></span>
</td><td style="" align="left">
Se a unidade aínda non se moveu nesta quenda.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Amarela
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/orb-yellow.jpg" alt="Esfera amarela" /></span>
</td><td style="" align="left">
Se a unidade xa se moveu pero aínda pode moverse máis ou atacar nesta
quenda.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Vermella
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/orb-red.jpg" alt="Esfera vermella" /></span>
</td><td style="" align="left">
Se a unidade xa non pode facer máis nada nesta quenda.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
Azul
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/orb-blue.jpg" alt="Esfera azul" /></span>
</td><td style="" align="left">
Se a unidade é un aliado que non podes controlar.
</td></tr><tr><td style="" align="left">
-
</td><td style="" align="left">
<span class="inlinemediaobject"><img src="images/orb-none.jpg" alt="Sen esfera" /></span>
</td><td style="" align="left">
As unidades inimigas non teñen esfera sobre a súa barra de enerxía.
</td></tr></tbody></table></div></div><br class="table-break" /></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_ellipses_team_colors_and_hero_icons"></a></h3></div></div></div><p>Debaixo de cada unidade haberá normalmente unha base ou elipse dunha cor. A
cor identifica o seu equipo. Nunha partida de campaña, a cor do xogador é a
vermella. A cor do equipo tamén se amosará nalgunhas partes da vestimenta da
unidade, ou posiblemente na insignia dun escudo.</p><p>Normalmente a elipse será un disco sólido. Porén, nas unidades de nivel 0 a
elipse ten liñas descontinuas, o que indica que a unidade non ten zona de
control.</p><p>Algunhas campañas usan unha base en forma de estrela para identificar aos
líderes e mailos heroes ─unidades que son especiais por algunha razón e que
por exemplo non poden morrer durante un escenario─. Outras usan unha coroa
prateada sobre a barra de enerxía para marcar aos heroes. Mesmo hai outras
en que os heroes non teñen indicador ningún. Cal usar (se se usa algún) é
unha cuestión puramente de de estilo cuxa elección queda en mans dos
deseñadores das campañas.</p></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_fighting"></a></h2></div></div></div><p>Se moves unha das túas unidades canda unha inimiga, poderala atacar. Preme
na túa unidade e a continuación preme na unidade inimiga que está xunta ela
e á que queres atacar ─isto amosará unha fiestra con opcións máis
específicas para a loita─. Cada unidade ten unha ou máis armas coas que pode
atacar. Algunhas, coma as espadas, son armas de combate corpo a corpo,
mentres que outras, coma os arcos, son armas de combate a distancia.</p><p>Se atacas cunha arma de combate corpo a corpo, o inimigo que atacas poderá
contraatacar cunha arma de combate corpo a corpo. Se atacas cunha arma de
combate a distancia, o inimigo poderá contraatacar cunha arma de combate a
distancia. Se o inimigo non ten unha arma do mesmo tipo ca que utilizou a
túa unidade para atacar, non poderá contraatacar nin inflixir ningún dano
nesa loita.</p><p>A cantidade de dano ocasionado será distinta segundo o tipo de ataque do que
se trate, e con cada arma poden inflixirse un certo número de golpes por
loita. Por exemplo, un elfo loitador inflixe 5 puntos de dano coa súa espada
cada vez que golpea, e pode golpear catro veces coa espada nunha mesma
loita. Isto exprésase coma «5-4», o que significa 5 de dano por golpe, e 4
golpes por loita.</p><p>Cada unidade conta cunha probabilidade de esquivar un golpe que dependerá do
terreo no que estea. Por exemplo, as unidades en castelos e vilas teñen unha
alta probabilidade de eludir un golpe, así coma os elfos a teñen nos
bosques. Para ver o valor defensivo dunha unidade ─é dicir, a probabilidade
de evitar que lle atinen─ segundo o terreo, preme na unidade, e despois pon
o cursor enriba do terreo no que estás interesado, e amosarase o valor
defensivo nel desa unidade en porcentaxe no panel lateral, así como sobre o
propio hexágono.</p><p>Para máis información ─incluída a probabilidade de que atacante e defensor
acaben mortos na loita─, preme no botón de «Cálculo de danos» na fiestra de
combate.</p><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_attack_types"></a></h3></div></div></div><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
<span class="strong"><strong>Folla</strong></span>: son as armas cun fío cortante,
usadas para cortar en anacos aos inimigos. Son exemplos as dagas, as
cimitarras, os sabres, as poutadas de draconián, etc.
</li><li class="listitem">
<span class="strong"><strong>Perforación</strong></span>: son as armas cunha punta
afiada e un gran mango ou un mísil, usadas para perforar o corpo do inimigo
e danar os órganos internos. Son exemplos as picas de infantería ou
cabalería ou as frechas.
</li><li class="listitem">
<span class="strong"><strong>Impacto</strong></span>: son as armas que non teñen nin
un fío cortante nin unha punta afiada, pero son pesadas abondo como para
romperlle os ósos a un inimigo. Son exemplos as mazas, os bastóns ou as
puñadas dos trolles.
</li><li class="listitem">
<span class="strong"><strong>Frío</strong></span>: son as armas que usan o frío ou
mísiles de xeo. Son un exemplo as ondas xélidas dos adeptos escuros.
</li><li class="listitem">
<span class="strong"><strong>Lume</strong></span>: son as armas que empregan o lume
para asar o inimigo coma un polo. É un exemplo o alento de lume dos
draconiáns.
</li><li class="listitem">
<span class="strong"><strong>Arcano</strong></span>: son ataques que fan esvaecer a
maxia que lle dá a vida aos zombis, espectros e outros espíritos e criaturas
non mortas. Son exemplos os ataques máxicos dos magos brancos.
</li></ul></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_resistance"></a></h3></div></div></div><p>A vulnerabilidade das distintas unidades aos distintos tipos de ataque
varía.Hai seis porcentaxes na descrición das unidades que amosan a fortaleza
ou debilidade da unidade contra os seis tipos de ataque. Unha porcentaxe de
resistencia positiva indica que a unidade sufrirá menos danos por ese tipo
de ataque. Unha cifra de resistencia negativa indica que a unidade é
especialmente vulnerable a ese tipo de ataque.</p><p>Por exemplo: as escamas dos draconiáns protéxenos da maior parte dos tipos
de ataque, agás de armas de perforación e de frío. As unidades de cabalería
humanas adoitan estar ben protexidas, salvo contra os ataques de
perforación, o seu punto débil. Os non mortos son moi resistentes ás armas
de folla e de perforación pero moi vulnerables aos ataques de impacto e
arcanos.</p><p>Usar o tipo de ataque máis efectivo contra as unidades inimigas incrementará
substancialmente as posibilidades de acabar con elas.</p></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_healing"></a></h2></div></div></div><p>As unidades só poden sandar un máximo de oito puntos de vida por rolda. As
unidades que nin se movan nin ataquen durante unha rolda
<span class="emphasis"><em>descansarán</em></span>, recuperando así dous puntos de vida. Os
puntos de vida recupéranse a través do <span class="emphasis"><em>descanso</em></span> e
engádense aos puntos de vida sandados, así que é posible que unha unidade
recupere ata un total de 10 puntos de vida por rolda.</p><p>Hai dúas formas básicas de que unha unidade sande:</p><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
Descansar nunha vila. A unidade sandará 8 puntos de vida cada rolda.
</li><li class="listitem">
Estando xunta unidades que poden <span class="emphasis"><em>sandar</em></span>. O número de
puntos de vida sandados especifícase na descrición da habilidade da
unidade. Pero sempre serán ben <span class="emphasis"><em>sanda +4</em></span> ou
<span class="emphasis"><em>sanda +8</em></span>.
</li></ul></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_regeneration"></a></h3></div></div></div><p>Os trolles e mailos woses teñen a habilidade de sandarse eles mesmos de
forma natural a través da rexeneración. Sandarán oito puntos cada rolda se
están feridos. Ten en conta que debido a que todas as unidades poden sandar
só ata un máximo de oito puntos por rolda, os trolles e os woses non se
benefician da atención médica das vilas ou dos curandeiros e meigos.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_poison"></a></h3></div></div></div><p>Algúns ataques poden envelenar as unidades. Cando isto sucede, a unidade
envelenada perderá 8 puntos de vida cada rolda ata que cure. O veleno pode
curarse descansando nunha vila ou estando canda unha unidade que
<span class="emphasis"><em>cure</em></span>. Unha unidade que <span class="emphasis"><em>sande</em></span>
poderá evitar que o veleno dane a unidade envelenada, pero non extraerlle o
veleno do corpo. Cando se cura o envelenamento a unidade non gaña ─sanda─
nin perde ─envelenamento─ puntos de vida nesa rolda. Unha unidade non pode
sandar de forma normal ata que cura do envelenamento. Aínda así permíteselle
descansar, aínda que iso non vai diminuír o efecto do veleno.</p><p>Algúns outros consellos sobre sandar:</p><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
A unha unidade pode levarlle varias roldas sandar de todo.
</li><li class="listitem">
Os curandeiros e meigos (elfo xamán, elfo druída, elfa fuxidía, mago branco,
mago da luz, paladín) sandan a todas as unidades feridas arredor deles, así
que podes manter ás túas unidades preto da batalla sen perdelas.
</li><li class="listitem">
Os curandeiros e meigos non sandan as unidades inimigas.
</li><li class="listitem">
Os curandeiros e meigos non poden sandar por si sós ─pero mírese o seguinte
punto─.
</li><li class="listitem">
Usa aos teus curandeiros e meigos en parellas, de forma que se poidan sandar
mutuamente se for preciso.
</li><li class="listitem">
Varios curandeiros ou meigos de diferentes bandos aliados poden sandar á
mesma unidade e acelerar así o proceso.
</li><li class="listitem">
Os trolles e mailos woses non poden rexenerar outras unidades.
</li><li class="listitem">
Os trolles e mailos woses curan o seu envelenamento igual que o fai unha
vila.
</li></ul></div></div></div></div><div class="chapter"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title"><a id="_strategy_and_tips"></a></h2></div></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="basic_strategy"></a></h2></div></div></div><p>Os seguintes consellos e principios básicos de combate están pensados para
axudarche a comezar o camiño de te converter nun comandante veterano de
Wesnoth. Os pequenos exemplos concretos están relacionados dalgunha maneira
coa campaña «O herdeiro ao trono».</p><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_don_8217_t_waste_units"></a></h3></div></div></div><p>Non envíes ás unidades feridas a unha morte segura. Cando algunha perda máis
da metade da vida, deberías considerar seriamente retirala a algún lugar
seguro e ou ben deixala descansar nunha vila para que a sanden ou enviala
aos coidados dun curandeiro ou meigo (coma os elfos xamáns ou os magos
brancos). Os curandeiros e meigos son moi útiles!</p><p>Isto é por razóns prácticas: unha unidade moi danada non pode plantarlle
fronte a un inimigo, e menos aínda matalo. Entre o ataque e o contraataque,
o máis probable é que morra. E aínda por riba, envialas a unha morte segura
supón perder os puntos de experiencia xa conseguidos. Recrutar un substituto
pode resultar imposible ben porque o líder non está na súa torre ou ben
porque non hai cartos dabondo. E aínda que puideses recrutar un substituto,
a maioría das veces estará moi lonxe da fronte de batalla. Así que non
desperdicies as túas unidades.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_out_of_the_enemy_8217_s_reach"></a></h3></div></div></div><p>Como protexer ás unidades feridas? O mellor xeito de facelo é deixalas fóra
do alcance do adversario. Ningún inimigo poderá atacalas se nin sequera se
poden achegar a elas. A seguinte sección sobre a zona de control mostra como
restrinxir os movementos do inimigo.</p><p>No menú de «Accións» podes seleccionar «Amosar os movementos do inimigo»
para resaltar todos os hexágonos aos que o adversario se pode mover. Isto
ten en conta as túas zonas de control. Polo tanto podes comprobar que a túa
unidade próxima á morte, que está detrás, en realidade non pode ser atacada
xa que o inimigo non se pode mover canda ela.</p><p>Cando os exércitos se atopan, pode que queiras intentar ser o primeiro en
atacar. Así que intenta rematar os teus movementos deixando ás túas unidades
fóra do alcance do exército inimigo. El non poderá atacar pero é probable
que se achegue ao teu exército quedando ao alcance das túas unidades.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="zoc"></a></h3></div></div></div><p>Cada unidade de nivel un ou superior mantén unha zona de control que abarca
os seus seis hexágonos adxacentes. Isto significa que unha vez que un
inimigo se move dentro dun dos seis hexágonos adxacentes, fórzaselle a deter
o seu movemento sen posibilidade de retomalo ─salvo os inimigos que sexan
“guerrilleiros”, unha rara habilidade que permite ignorar as zonas de
control─.</p><p>As zonas de control poden impedirlle a un inimigo infiltrarse entre dúas
unidades que están aliñadas e teñan entre un e dous hexágonos entre
elas. Combinando estas parellas nunha longa muralla ou usándoas en
diferentes direccións, podes evitar que o inimigo acade unha unidade ferida
que estea detrás da liña formada polas unidades. O inimigo ten que derrotar
primeiro ás unidades que impoñen a súa zona de control. Se o inimigo está
algo distante, mesmo podería abondar cunha soa unidade para protexer unha
pequena rexión tras ela.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_maintain_a_defensive_line"></a></h3></div></div></div><p>Aliñando varias unidades con como moito un hexágono entre elas, poderás
construír unha poderosa liña defensiva. Ten en conta que, debido ao uso de
hexágonos en Wesnoth, as liñas horizontais non son liñas rectas, senón
zigzags. As liñas rectas “de verdade” son as diagonais e mailas liñas
verticais.</p><p>Dende unha soa dirección, o inimigo pode atacar calquera das túas unidades
da liña defensiva con unicamente dúas das súas unidades ao mesmo tempo. Como
regra xeral, unha unidade sa sen debilidades particulares poden resistir o
ataque de dúas unidades normais do inimigo do mesmo nivel ou menor sen que a
maten.</p><p>Desafortunadamente, a liña defensiva terá a miúdo que dobrarse para formar
unha cuña ou para adaptarse ao terreo. Nos puntos que fan esquina, as túas
unidades poderán ser atacadas por 3 inimigos. Isto tamén sucede ao final da
liña, se a liña é moi curta. Usa unidades con moitos puntos de vida no
terreo axeitado ou con resistencias axeitadas para manter estes puntos
débiles. As unidades nestes puntos son as que teñen máis probabilidades de
morrer a mans dos inimigos, así que usa neles unidades con poucos ou ningún
punto de experiencia.</p><p>Aliñar as túas unidades tamén evita que o inimigo rodee a algunha
delas. Debido aos efectos das zonas de control, calquera unidade cun inimigo
detrás e outro diante estará atrapada.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_rotate_your_troops"></a></h3></div></div></div><p>Cando unha unidade en primeira liña sufra serios danos, podes poñela a salvo
na retagarda. Para manter a liña, terás que substituír esa unidade por unha
de reserva, así que mantén unha parella de unidades detrás da primeira
liña. Se tes curandeiros ou meigos, as unidades danadas da retagarda hanse
recuperar de seguida.</p><p>Ten en conta que as túas unidades poden pasar a través dos hexágonos nos que
están as túas propias tropas.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_use_the_terrain"></a></h3></div></div></div><p>Procura situar ás túas tropas en hexágonos que lles proporcionen un alto
valor defensivo, e que ataquen a inimigos en hexágonos que lles reporten un
baixo valor defensivo. Desta forma, os contraataques do inimigo inflixirán
menos dano.</p><p>Por exemplo, poderías situar aos teus elfos xusto dentro da beira dun
bosque, de forma que os orcos atacantes deban estar nos prados mentres os
teus elfos gozan das defensas altas do bosque.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_attacking_and_choosing_your_targets"></a></h3></div></div></div><p>Avanzar e atacar é dende logo a parte máis interesante do camiño cara a
vitoria. Mata ou debilita aos inimigos que estean no teu camiño e adianta a
túa liña defensiva. Isto pode volverse difícil a medida que o inimigo
contraataque na súa quenda.</p><p>A miúdo enviarás varias unidades contra unha soa unidade inimiga para acabar
con ela, pero estas estaban formando a túa liña defensiva, que quedará por
tanto parcialmente rota. Pode ser que isto non che preocupe porque estás
fóra do alcance da unidade inimiga máis próxima. Pode ser que o faga porque
só puideches debilitar a un inimigo moi forte que, na súa seguinte quenda,
vai contraatacar. Pode que un home a cabalo sexa o mellor para asestar o
golpe mortal.</p><p>Golpear primeiro é unha vantaxe porque che permite elixir a que unidades te
vas enfrontar. Explota as debilidades do inimigo, por exemplo, dirixindo os
teus ataques a distancia contra inimigos sen armas de ataque a
distancia. Aproveita debilidades coma a vulnerabilidade das unidades a
cabalo contra a perforación. Pero lembra que contraatacarán na súa quenda,
así que poderías ter debilidades que o inimigo poida aproveitar.</p><p>Por exemplo, os homes a cabalo poden manter unha liña fronte os orcos roñóns
e os cachorros de troll moi ben porque teñen algunhas resistencias contra os
ataques de folla e de impacto. Pero poden caer rápido ante os orcos
arqueiros e os trasnos lanceiros.</p><p>Normalmente paga a pena se podes matar definitivamente ─ou case─ a unidade á
que te enfrontas. Se non estás seguro de acabar co inimigo nunha quenda,
asegúrate de que a túa unidade pode soportar os contraataques ou decide que
estás preparado para perder a esa unidade. Para resistir os golpes do
inimigo na súa quenda, adoita ser unha boa idea atacar da forma que lle
permita ao inimigo inflixirche menos dano, en troques de buscar facerlle o
máximo dano posible ao inimigo.</p><p>Concretamente, usa as túas armas a distancia se o inimigo non ten ataque a
distancia. A elección predeterminada da intelixencia artificial só ten en
conta a opción coa que che inflixe máis dano, así que se fas ti o mesmo as
túas unidades acabarán recibindo máis dano do necesario.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_time_of_day"></a></h3></div></div></div><p>Lembra que as unidades legais coma os humanos loitan mellor polo día e as
unidades caóticas coma os orcos ou os non mortos loitan mellor pola noite. O
ideal é que te enfrontes ao inimigo por primeira vez cando o momento do día
che favoreza ou desfavoreza ao inimigo. Durante os momentos do día en que o
inimigo resulta máis poderoso, cómpre reforzar as liñas defensivas e
despregalas nunha posición favorable. Cando estea a piques de chegar o
momento do día en que o inimigo se debilita, a túa primeira liña debería
avanzar cara el.</p><p>Por exemplo, os elfos poderían resistir nun bosque durante un ataque
nocturno de orcos e avanzar ao amencer. Ata poderías ter en conta que a
intelixencia artificial retira aos seus orcos durante o día.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_experience_2"></a></h3></div></div></div><p>Durante o transcurso da campaña, é moi importante que reúnas unhas forzas
con experiencia. En escenarios posteriores suporase que tes unidades de
niveis dous e tres dispoñibles para reincorporar.</p><p>As túas unidades obteñen a maioría dos seus puntos de experiencia matando
unha unidade inimiga ─8 por cada nivel da unidade matada, 4 se é cero─. É
por iso que a miúdo é boa idea facer que as túas unidades de nivel máis alto
debiliten a un inimigo, pero que o golpe mortal o aseste unha unidade que
precise máis experiencia. Os curandeiros e meigos en particular adoitan ser
máis débiles á hora de combater e a miúdo precisan
<span class="emphasis"><em>roubar</em></span> mortes deste xeito para avanzar de nivel.</p><p>Ao principio, cando probablemente non teñas unidades de nivel alto, intenta
repartir os golpes mortais entre un pequeno grupo das túas unidades. Isto
fará que se convertan rapidamente en unidades de nivel dous, e entón poderán
coidar das outras.</p><p>Non esquezas conseguirlle experiencia ao teu líder. Tes que mantelo a salvo,
si, pero se evita demasiado o combate terá un nivel moi baixo para
sobrevivir a futuros escenarios.</p></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h2 class="title" style="clear: both"><a id="_getting_the_most_fun_out_of_the_game"></a></h2></div></div></div><p>Non esquezas que o obxectivo dun xogo consiste en pasalo ben! Aquí tes
algunhas recomendacións do equipo de desenvolvemento sobre como gozar do
xogo o máximo posible:</p><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
Pensa en xogar a campaña cun nivel medio de dificultade, especialmente se xa
tes experiencia cos xogos de estratexia. Cremos que así che resultará moito
máis gratificante.
</li><li class="listitem">
Non te preocupes moito cando perdas algunhas unidades. A campaña foi
deseñada de forma que o xogador poida perder algunhas unidades de cando en
vez.
</li><li class="listitem">
Non abuses das partidas gardadas. Hai tempo, Wesnoth só permitía gardar a
partida ao final dun escenario. A capacidade de gardar polo medio dun
escenario engadiuse coma unha comodidade para usar se tes que continuar a
partida outro día, ou para non perdela en caso de que haxa un erro no xogo,
no sistema ou no computador. Non recomendamos cargar escenarios gardados
pola metade unha e outra vez porque che maten o mago branco. Aprende a
protexer o teu mago branco en troques, e a calcular os riscos! Iso é parte
da estratexia.
</li><li class="listitem">
Se tes que cargar unha partida gardada, recomendámosche ir ao inicio do
escenario, de xeito que escollas unha nova estratexia que funcione, en vez
de simplemente atopar números aleatorios que te beneficien.
</li><li class="listitem">
Pero lembra, o obxectivo é pasalo ben! Podes ter gustos diferentes aos dos
desenvolvedores, así que fai o que che dea a gana! Se che gusta cargar a
partida gardada cada vez que cometes un erro, buscando a partida
<span class="emphasis"><em>perfecta</em></span> onde nunca perdes unha unidade, adiante!
</li></ul></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_at_the_start_of_a_scenario"></a></h3></div></div></div><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
En primeiro lugar, le os obxectivos do escenario. Ás veces non tes que matar
aos líderes inimigos, senón que abonda con que aguantes durante un certo
número de roldas, ou collas un obxecto concreto.
</li><li class="listitem">
Mira o mapa: o terreo, a posición do teu líder e a dos outros líderes.
</li><li class="listitem">
Logo, comeza a recrutar unidades. As unidades baratas son útiles para
resistir o primeiro embate. Logo poden recrutarse unidades máis avanzadas
para apoiar. As unidades rápidas poden usarse coma exploradores, para
explorar o mapa e conquistar rapidamente as vilas.
</li></ul></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_during_the_scenario"></a></h3></div></div></div><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
Intenta capturar e manter o control de tantas vilas coma che sexa posible
para manter os ingresos de ouro.
</li><li class="listitem">
Mantén ás unidades xuntas en grupos de xeito que o inimigo non poida atacar
dende tantos flancos, de forma que poidas superar a cada unidade
inimiga. Pon ás túas unidades nunha liña de forma que o inimigo non poida
atacar a ningunha das túas unidades dende máis de dous hexágonos.
</li><li class="listitem">
As diferentes unidades teñen diferentes fortalezas e debilidades dependendo
do terreo e de como estean atacando. Preme co botón dereito do rato nas
unidades e selecciona a «Descrición da unidade» para máis información.
</li><li class="listitem">
Podes empregar as unidades de nivel inferior coma carne de canón, para
retardar o inimigo. Por exemplo, podes empregalas para bloquear os inimigos
e evitar que cheguen ás túas unidades importantes.
</li><li class="listitem">
Podes inflixir dano aos inimigos con unidades avanzadas e despois rematalos
con unidades de nivel inferior para darlles máis experiencia e, finalmente,
facelas avanzar ao seguinte nivel.
</li><li class="listitem">
Cando teñas un mago branco ─que avanza dende un mago─ ou un druída ─que
avanza dende un xamán─, pono no medio dun círculo de unidades para sandalas
a medida que se moven polo mapa ─os xamáns poden facelo tamén, pero non coa
mesma eficacia─.
</li><li class="listitem">
Perder unidades é normal, mesmo unidades avanzadas.
</li><li class="listitem"><p class="simpara">
O momento do día importa moito:
</p><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="circle"><li class="listitem">
As unidades legais fan máis dano polo día e menos dano pola noite.
</li><li class="listitem">
As unidades caóticas fan máis dano pola noite e menos dano polo día.
</li><li class="listitem">
Lembra comprobar sempre o momento do día no lado dereito da pantalla. Pensa
a longo prazo. Ten presente o que vai pasar na seguinte rolda tanto coma o
que vai pasar nesta.
</li></ul></div></li><li class="listitem">
Algunhas unidades son resistentes ou vulnerables a diferentes tipos de
ataques. As unidades montadas son débiles contra os ataques de
perforación. Os ataques de lume e arcanos destrúen aos non mortos. Para ver
canto resiste unha unidade a un tipo de ataque, preme co botón dereito na
unidade, selecciona a «Descrición da unidade», e despois vai ao apartado das
resistencias. Alí poderás ver canto resiste a unidade aos diferentes tipos
de ataque.
</li></ul></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_healing_2"></a></h3></div></div></div><p>Para conseguir a vitoria no Battle for Wesnoth resulta fundamental manter as
unidades sas. Cando ás túas unidades lles inflixen dano, podes sandalas
movéndoas a vilas ou poñéndoas preto de curandeiros ou meigos ─coma o elfo
xamán ou o mago branco─. Outras unidades, coma os trolles, teñen a
habilidade para sandarse elas mesmas de forma natural.</p></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_winning_a_scenario"></a></h3></div></div></div><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
As unidades avanzadas son necesarias para matar rapidamente os comandantes
inimigos, e para evitar perder moreas de unidades.
</li><li class="listitem">
Canto máis rápido gañes un escenario, máis ouro obterás. Conseguirás máis
ouro conseguindo a vitoria axiña que facéndote con todas as vilas do mapa
durante o resto das roldas.
</li><li class="listitem">
Matar todos os líderes inimigos adoita supoñer a vitoria instantánea.
</li></ul></div></div><div class="section"><div class="titlepage"><div><div><h3 class="title"><a id="_more_general_tips"></a></h3></div></div></div><div class="itemizedlist"><ul class="itemizedlist" type="disc"><li class="listitem">
Despois de escenarios de matanza ─nos que se te castiga moito─ adoita haber
escenarios “de descanso” nos que poderás obter facilmente algo de ouro e
experiencia ─unidades avanzadas─.
</li><li class="listitem">
As unidades avanzadas teñen uns custos de mantemento superiores aos das
unidades de nivel inferior ─unha peza de ouro adicional por nivel─. As
unidades leais son unha excepción ─carecen de custo de mantemento algún─.
</li></ul></div></div></div></div></div></body></html>